Veciñanza

Iniciativa fronte a parálise: cómpre buscar alternativas para o desenvolvemento do Polígono da Ran

Veciñanza presentou canda o deputado provincial Xosé Lois Jácome a moción que se debaterá no próximo pleno para instar ao Concello de Cuntis a que demande a colaboración económica da Deputación de Pontevedra no desenvolvemento do Polígono Industrial da Ran. Saleta Fernández e Santi Martínez explicaron que a regularización da área empresarial de Cuntis é fundamental para o desenvolvemento socioeconómico e para tentar imaxinar posibilidades de futuro na nosa vila